miércoles, 16 de diciembre de 2009

sábado, 31 de octubre de 2009

domingo, 18 de octubre de 2009

jueves, 15 de octubre de 2009

nome de PPedro.


Non queda nada claro se MestreSALAS e cía están "pour ou contre" da presencia da GC en Afganistán. A escuridade é a capa ou manteo de valentía dos raposos, que entran furtivamente no currral ou galiñeiro, matan as galiñas, entérranas, e, cando xa están podres, aos poucos, vanas comendo, con degoiro, unha tras outra.

O raposo, nas novelas e fábulas, toma o nome de Pedro. Por despistar, creo.
_

miércoles, 14 de octubre de 2009

CosPPedal



¡URXENTE!:

CosPPedal vén de verbalizar a DRÁSCTICA REDUCCIÓN funcionarial do valenciano Ricardo Costa, por UN MOMENTO, bueno, máis ben por dous, por tres ou por setenta veces sete momentos , é dicir, "temporalmente" (en versión xenovesa), que é unha maneira eufemística de aPPestar a un para salvar a todos.

No reparto teatral, non sempre podes escoller: Cando contas cun peso relativo, tócache o paPPel de malo e aPPandas.

Hoxe, o hiperactivo Rajoy , por CosPPedal (persoa interposta), adiantouse seis cuartas (e un pelo) á acción da PProvidencia.
_

jueves, 24 de septiembre de 2009

O/s tramPPoso/s


Un informe da Xunta avala o carácter “legal” do plan eólico do bipartito
O BNG acusa ao Goberno de “ocultar” o ditame, que ampara a participación pública nos parques

David Lombao


Aymerich: “Suspenden o decreto eólico sen causa legal”

"Cumpriuse no decreto todas e cada unha das alegacións de legalidade que tiña establecido o Consello Consultivo de Galicia”. A Sala do Contencioso Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) conta, dende o pasado mes de xuño, cun informe do letrado da Xunta que, datado no 5 dese mesmo mes, avala a “legalidade” do concurso eólico posto en marcha polo Goberno bipartito.
O texto dese informe de 105 páxinas de extensión, ao que tivo acceso Xornal de Galicia, bota por terra o que fora un dos principais argumentos do PPdG na oposición contra o decreto e, por extensión, da actual Consellería de Economía e Industria para derrogar o plan do bipartito: O carácter “ilegal” da participación directa da Xunta no sector.
O departamento entón dirixido por Fernando Blanco, explica o informe, foi advertido polo Consello Consultivo de Galicia, que “entendeu” que o acceso da Administración a participación nos parques eólicos “podería chegar a converterse en criterio decisivo”, algo que contraviría o ordenamento legal.
“A Administración autonómica –explica o informe– modificou a redacción do proxecto (...) precisando que, en ningún caso, o documento de compromisos adicionais”, isto é, a participación pública, “podería ter un peso na puntuación final de máis dun 30%”, polo que queda garantizada a súa “obxectividade” e adaptación “legal”.
Do mesmo xeito, este informe –elaborado polo letrado en resposta a unha demanda interposta por Endesa– defende, entre outros aspectos, o respecto do decreto pola “liberdade de empresa”, tamén cuestionado pola nova Xunta.
Neste sentido, o letrado advirte que, mentres que a empresa demandante coida que o cumprimento da normativa estatal do sector eléctrico é condición suficiente para acceder a autorizacións eólicas, a legalidade ampara tamén a “competencia autónomica para establecer requisitos enerxéticos” ligados a “requisitos de ordenación territorial e de medio ambiente”.

GUERRA MANTÉN OS PLANS
Malia á existencia deste informe, o Conselleiro de Industria, Javier Guerra, asegurou onte que a Xunta manterá os seus plans para rematar coas “tachas de ilegalidade” mediante unha lei que, ”rexeita calquera participación pública directa” nos parques.
Guerra mantén que o novo canon eólico se axustará á lei, nun contexto no que, afirma, a Xunta só “defende” os intereses de Galicia, unha afirmación que Guerra formulou mostrando ao Parlamento o exemplar de Xornal de Galicia no que o presidente de Iberdrola, Ignacio Sánchez Galán, recoñecía non coñecer a Alberto Núñez Feijóo antes da súa chegada á Xunta.
Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.

La Xunta alza la barrera a parques de la era bipartita en su puja eólica
El BNG esgrime un informe legal favorable al decreto •• Guerra diseña con REE la evacuación de la luz

REDACCIÓN Y AGENCIAS • SANTIAGO
Los proyectos eólicos que fueron admitidos por el Bipartito "non terán ningún problema" en reparto que abra la actual Xunta si son "serios e factibles". Así lo expuso ayer el conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, ante el pleno del Parlamento, augurando que caerán aquellos otros que no tenían contenido o, simplemente, sus promotores no tenían "intención de executalos". Este levantamiento de barrera iba dirigido a animar a los adjudicatarios a los que dejó con la miel en los labios, y aquellos otros vetados por el concurso del anterior gabinete.
Frente a esta voluntad de reutilizar iniciativas, el BNG esgrimía ayer un informe de la asesoría jurídica de la Xunta que desmontaba, "punto por punto", el recurso contra el decreto eólico presentado ante el Tribunal Superior de Xustiza de Galicia por Endesa. Carlos Aymerich, portavoz parlamentario de los nacionalistas, acusó al Gabinete de Feijóo de ocultarlo, y señaló que prueba que la justificación para anularlo era "mentira".
Guerra defendió su modelo eólico, que áreas de potencia-evacuación que permitirán que "o parque que se autorice hoxe poida estar en funcionamento mañá". Criticó la falta de previsión del Bipartito para contar con una red de evacuación energética apropiada. Avanzó que el próximo lunes directores de Red Eléctrica Española (REE) acudirán a Galicia para decidir "de forma real e ordenada" la capacidad de evacuación por áreas.
Críticas de la oposición
En cuanto a la ley, el conselleiro de Economía aseguró que el decreto anterior tenía una "nulidez absoluta e radical" y "tachas de ilegalidade". Aymerich le retó a constatar quién declaró dicha ilegalidad, y argumentó que la Xunta debería haber instado a una "revisión de oficio" en los tribunales nada más detectarla, por lo que contrario es una "prevaricación" y una "inxustiza e verdadeira arbitrariedade".
Mientras Guerra intentaba volver al consenso, tanto Aymericho como el portavoz socialista, Abel Losada, coincidían en alertar de que la nueva Xunta pretende "defender os intereses das grandes empresas" de fuera de Galicia, que son quienes explotan el 90% de la eólica. Losada criticó por ello la adjudicación de megavatios "a dedo" del período de Manuel Fraga.
. economia@elcorreogallego.es

Las posiciones
Javier Guerra Conselleiro de Economía e Industria
•• "Non hai razón para o nerviosismo", proclamó Guerra, pues cree que la reutilización de proyectos minimizará el impacto de las posibles indemnizaciones a abordar por la nueva Xunta, alegando que "na maioría dos casos non teremos que pagar". El canon eólico servirá para afrontar posibles compensaciones
Carlos Aymerich Portavoz del BNG
•• Aymerich volvió a mostrar la foto del abrazo del presidente de Iberdrola, Ignacio Sánchez Galán, a Alberto Núñez Feijóoen su toma de posesión en la Praza do Obradoiro, y le preguntó a Guerra si "quere que as empresas eléctricas estean no Consello da Xunta", y si pretende "deslocalizar o aproveitamento enerxético".
Abel Losada Portavoz del PSdeG
•• Criticó que la Xunta actual lleve a cabo una "política de voladura controlada da labor do Bipartito" para "poñerse ao servizo das empresas". Cito a Iberdrola y Gas Natural como "relativamente satisfeitas", y sobre la dueña de Fenosa, se mostró perplejo porque apoye el canon eólico .

Escribe tu comentario
Era visto
ROI 23.09.2009 17.44
Trátase, nada máis e nada menos, que o informe do letrado da Xunta mais xa había tempo que se percibiu que todo era unha xogada electoralista do PP

miércoles, 23 de septiembre de 2009

Os PPeólicos xogan á pita cega



Aymerich acusa a Industria de agochar un informe que avala a legalidade do decreto eólico

Santiago de Compostela, 22 Setembro 09.- O portavoz do g.p do BNG emprazou hoxe ao conselleiro de Industria, Javier Guerra, a que explique por que agochou o informe de 5 de Xuño deste ano que desmonta punto por punto a demanda interposta por Endesa ao reparto eólico realizado polo anterior goberno e que avala, por tanto, a legalidade do modelo deseñado polo BNG fronte aos informes de parte nos que Núñez Feijóo fundamenta a paralización do decreto.
“Que ten máis validez –dixo- o informe realizado por un letrado da Xunta en cumprimento co seu deber ou o informe de parte realizado por vostedes para dar cobertura xurídica a unha abitrariedade”.
Carlos Aymerich, durante a comparecencia en pleno do conselleiro, lembrou que este goberno non anulou o decreto senón que deixou o seu procedemento en suspenso amparándose en dous argumentos falsos: a tramitación dunha lei, “cando non é o goberno o que fai as leis”, e un informe de dubidosa rigurosidade, toda vez que foi redactado por un cargo político do PP.
Para o voceiro parlamentar nacionalista, o único obxectivo do actual goberno con esta forma de actuar, buscando dar cobertura legal a unha “resolución inxusta”, é favorecer a aquelas empresas como Fenosa ou Iberdrola que no momento do concurso non se comprometeron co País e agora queren a súa parte.
Neste sentido, Aymerich aludiu á foto no Obradoiro do “abrazo” de Núñez Feijóo co presidente de Iberdrola o día da investidura e recordou que o anterior goberno o que tentou, precisamente, é pór orde e transparencia onde había “concursos dixitais á xente que, ademais, está investigada pola fiscalía nalgúns casos”.
“O nacionalismo quixo facer un proceso transparente e sustentábel, que reducise ademais o impacto social en beneficio dos propietarios dos terrenos e que implicara o compromiso dos interesados co País a través de proxectos para o seu desenvolvemento, e o fixemos con todo o rigor”.
O portavoz do BNG lamentou que da intervención do conselleiro non se poida sacar nada en limpo e replicoulle que “é un desprezo para o goberno da Xunta que forme parte del”.
Asemade, acusouno de estar a realizar unha auténtica “prevaricación lexislativa” ao querer sustituir o decreto por unha Lei, “fanno para blindarse de posíbeis recursos, para evitar ser sometido ao informe do Consello Consultivo e para que a prevaricación que están cometendo extendela a toda á Cámara”.

viernes, 4 de septiembre de 2009

"A Ponte Romana",





acochada a escasos metros do estadio do Celta, na "Travesa de Ponte Romana", no rectángulo enmarcado entre as rúas Balaídos / Portanet e as de ValMiñor / Castrelos, (en VIGO).
_

miércoles, 24 de junio de 2009

o piadoso


Albino dándolle de beber ao sedento.

jueves, 18 de junio de 2009

a PPolítica dos "aPPolíticos"



"No se metan ustedes en política!",
por Anxo Quintana

Hagan como yo: ¡No se metan ustedes en política!” Contan as crónicas da época que con esta frase Franco aleccionaba os seus ministros para afastalos de calquera tentación de deixar a súa impronta persoal dentro da acción de goberno da dictadura.

Agora, despois de moitos anos morta e enterrada a dictadura, o fundamento da frase resoa outra vez na boca da conselleira de Traballo e Benestar con motivo da súa primeira comparecencia no Parlamento: “A nosa misión é despolitizar o Consorcio de Igualdade e Benestar porque os servizos sociais non poden entender de política”. Aseveración pre-democrática que merece unha reflexión.

Para quen entendemos a política como a arte de servir ao pobo, escoitar falar de despolitizar sempre enche de preocupación. A democracia dótase de institucións políticas que representan ao conxunto da sociedade. O pluralismo na democracia parlamentaria exércese a través da participación e acción dos partidos políticos. Os cidadáns esperan dos políticos que fagan política para mellorar o benestar na sociedade. Cando se fala de despolitizar moitas veces o que traducen as palabras son as razóns do subconsciente: non é ca política ca que se queren marcar distancias senón cos servizos públicos, co control das institucións sobre eses servizos e co pluralismo que os cidadáns refrendan nas urnas.

A conselleira, na súa comparecencia do martes día 9 de xuño no Parlamento, demostrou ter unha concepción pexorativa e mesmo pecaminosa da política que di pouco en favor dunha persoa electa democraticamente polos cidadáns para exercer un cargo político. Concepción que aplica ao nomeamento do xerente do tan maltratado Consorcio: “Agora vamos a despolitizar o Consorcio nomeando un xerente de perfil técnico”. Seica o anterior era “demasiado político”.

Na pasada lexislatura púxose en marcha, por primeira vez na historia da nosa autonomía, un organismo público de colaboración institucional estable entre concellos e Xunta de Galicia para a execución e xestión dunha Rede Pública de Benestar. Un fito histórico que hoxe é referencia na atención xerontolóxica en Europa. Sendo un organismo de colaboración entre Xunta e concellos, ao goberno bipartito pareceulle oportuno propor como xerente do organismo a unha persoa cun compromiso partidario, compromiso aínda non declarado delito no Código Penal, pero eso si, cunha dilatada traxectoria na vida municipal.

Agora, o novo Goberno, “para despolitizar” nomea un novo xerente cuxa adscrición partidaria e tan evidente como a do anterior só que de distinto signo e a maiores, ademais dunha cualificación técnica que ninguén ten por qué discutir, exhibe unha total falta de experiencia na xestión da Administración Pública. Eso sí “despolitizado”.

Seica o Consorcio era un chiringuito para instalar aos amigos do partido, unha mala herba a extirpar. Agora os amigos pasan a ser na nova nomenclatura persoas “técnicas” cuxa adscrición e simpatía partidaria pasa a ser intranscendente e o Consorcio “un organismo útil que en todo caso hai que reformar” (conselleira dixit).

Só o silencio imposto por certa aristocracia mediática pode facer posible que esta ópera bufa se estea a representar con case total impunidade. Polo menos antes a sabiduría popular resolvía esto con maior gracia cantando aquelo de “cando se emborracha un pobre todos din que borrachón. Cando se emborracha un rico que gracioso está o señor”.

Os organismos de xestión e planificación como o consorcio cobran sentido e funcionalidade cando se poñen ao servizo de obxectivos políticos e institucionais que redunden en beneficio do conxunto da poboación.

Na pasada lexislatura o Parlamento galego aprobou sen ningún voto en contra a nova Lei Galega de Servizos Sociais que fai unha aposta decidida pola construcción do Sistema Galego de Benestar entendido como unha rede pública de servizos, programas e instalacións destinados a ser a cuarta pata do Estado de Benestar no noso país. O Consorcio é un dos instrumentos dos que a Lei se dota para a súa correcta execución.

Na súa intervención do martes día 9 a conselleira non adicou nin unha soa verba á Lei básica que debe rexer os pasos do seu departamento en materia de benestar. Nin ás súas determinacións, nin os seus instrumentos de xestión, nin aos seus prazos de aplicación. Eso sí, tivo tempo, a conselleira, para certificar o abandono da idea integral dos servizos sociais reducíndoos á tan mediátia Lei de Dependencia. Dependencia cuxo tratamento xa non se confía prioritariamente á rede pública de servizos sociais, senón a graciosa paga de prestacións. Por certo! Prestacións cuxa situación exacta a 3 de abril de 2009 e con descripción pormenorizada de persoas valoradas, número de grandes dependentes, plans individuais de atención asignados e solicitudes denegadas foron trasladados minuciosamente e por escrito á conselleira Beatriz Mato por quen hoxe escribe este artigo, con motivo do traspaso de poderes do anterior executivo. Aínda así, esta información non serviu para que a conselleira na súa intervención evitara faltar á verdade falando de números ocultos e “15.000 grandes dependentes agochados polo bipartito”. A despolitización debe incluír tamén unha evidente falta de responsabilidade institucional.

O malo de todo esto é que a conselleira ca súa intervención no Parlamento puxo o primeiro golpe de piqueta para intentar destruír o soño realizable da nova era dos servizos sociais iniciada na pasada lexislatura.

Cada día que pasa, a incapacidade da Xunta de Galicia para gobernar pon máis en valor a labor de goberno bipartito. Valor que irá a máis sobre todo si se cumpre a profecía ca que a conselleira de Traballo e Benestar ilustrou o martes a súa intervención aínda baixo os efectos da euforia electoral: “Unha marea azul invade non só Galiza, senón tamén España e Europa”. Eso creo que non o dixo Franco. Eso era máis dun tal José Antonio.

miércoles, 27 de mayo de 2009

Cabalería





por Samil e San Paio de Navia.
**

martes, 19 de mayo de 2009

campanario


da igrexa de Comesaña, por unha fiestra do Lagares.

miércoles, 29 de abril de 2009

Corredor de fondo,



en presenza do Millos, o maratoniano Cameán examina, moi polo miúdo, a súa manicura.

- Para correr en Vigo, as uñas han de estar ben coidadas, comenta por debaixo o Albino. Pono o regulamento...
_

miércoles, 22 de abril de 2009

Familia canina.


















Discordia entre xemeos.

- O sangue tíralles para atrás, dixo tía Claudina.
.
.

lunes, 20 de abril de 2009

A gaivota PePeira.


A gaivota..., ¡que ben pousou na Cruz de Pelos!

Tén dominios na estética. Xa sabe debuxar, coma o abutre, os enganos no aire.
.

martes, 14 de abril de 2009

miércoles, 8 de abril de 2009

sábado, 28 de marzo de 2009

Ao son da gaita,


na Praza da Independencia, o Día da Independencia (de Vigo). Xa liscaran de alí os franceses.
_

viernes, 27 de marzo de 2009

Alberto Núñez Feijóo



en probas, por conta da Caixa e da PSA. Para cando tome posesión oficial na Xunta, xa levará moito traballo da escolla adiantado.

Ao lado deste Cotroën, o Audi de Touriño é, con perdón, unha merda. Unha maravilla. E por enriba, gratis.

Non che pensa cos pés, o dos Peares.
_

jueves, 26 de marzo de 2009

Perdeu o peite


na bulla do concerto.

- Ambrosio, ¿quen che escribiu na cara?
_

martes, 24 de marzo de 2009

viernes, 20 de marzo de 2009

martes, 17 de marzo de 2009

Partida


de café e copa na/s mesa/s do xardín. Un deixar esmorecer o tempo de serán, que esvara no sentido...

- ¡Pintan bastos!

- ¡Retruco!

_

lunes, 16 de marzo de 2009

Repaso á actualidade:


Os habituais menciñeiros re/com/poñedores de canto mal atinxe ao mundo. Eles saben tódalas fórmulas de curar os catarros da política e da economía.
_

Un pracer:


O amigo TEÓFILO GARCÍA, do Xinzo, de volta do seu paseo matinal polo Lagares. Despois de escoitalo, vaime mellor o día.
_

sábado, 14 de marzo de 2009

miércoles, 11 de marzo de 2009

Glosas




da nebulosa do pasado (Vigo).
_