jueves, 24 de septiembre de 2009

O/s tramPPoso/s


Un informe da Xunta avala o carácter “legal” do plan eólico do bipartito
O BNG acusa ao Goberno de “ocultar” o ditame, que ampara a participación pública nos parques

David Lombao


Aymerich: “Suspenden o decreto eólico sen causa legal”

"Cumpriuse no decreto todas e cada unha das alegacións de legalidade que tiña establecido o Consello Consultivo de Galicia”. A Sala do Contencioso Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) conta, dende o pasado mes de xuño, cun informe do letrado da Xunta que, datado no 5 dese mesmo mes, avala a “legalidade” do concurso eólico posto en marcha polo Goberno bipartito.
O texto dese informe de 105 páxinas de extensión, ao que tivo acceso Xornal de Galicia, bota por terra o que fora un dos principais argumentos do PPdG na oposición contra o decreto e, por extensión, da actual Consellería de Economía e Industria para derrogar o plan do bipartito: O carácter “ilegal” da participación directa da Xunta no sector.
O departamento entón dirixido por Fernando Blanco, explica o informe, foi advertido polo Consello Consultivo de Galicia, que “entendeu” que o acceso da Administración a participación nos parques eólicos “podería chegar a converterse en criterio decisivo”, algo que contraviría o ordenamento legal.
“A Administración autonómica –explica o informe– modificou a redacción do proxecto (...) precisando que, en ningún caso, o documento de compromisos adicionais”, isto é, a participación pública, “podería ter un peso na puntuación final de máis dun 30%”, polo que queda garantizada a súa “obxectividade” e adaptación “legal”.
Do mesmo xeito, este informe –elaborado polo letrado en resposta a unha demanda interposta por Endesa– defende, entre outros aspectos, o respecto do decreto pola “liberdade de empresa”, tamén cuestionado pola nova Xunta.
Neste sentido, o letrado advirte que, mentres que a empresa demandante coida que o cumprimento da normativa estatal do sector eléctrico é condición suficiente para acceder a autorizacións eólicas, a legalidade ampara tamén a “competencia autónomica para establecer requisitos enerxéticos” ligados a “requisitos de ordenación territorial e de medio ambiente”.

GUERRA MANTÉN OS PLANS
Malia á existencia deste informe, o Conselleiro de Industria, Javier Guerra, asegurou onte que a Xunta manterá os seus plans para rematar coas “tachas de ilegalidade” mediante unha lei que, ”rexeita calquera participación pública directa” nos parques.
Guerra mantén que o novo canon eólico se axustará á lei, nun contexto no que, afirma, a Xunta só “defende” os intereses de Galicia, unha afirmación que Guerra formulou mostrando ao Parlamento o exemplar de Xornal de Galicia no que o presidente de Iberdrola, Ignacio Sánchez Galán, recoñecía non coñecer a Alberto Núñez Feijóo antes da súa chegada á Xunta.
Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.

La Xunta alza la barrera a parques de la era bipartita en su puja eólica
El BNG esgrime un informe legal favorable al decreto •• Guerra diseña con REE la evacuación de la luz

REDACCIÓN Y AGENCIAS • SANTIAGO
Los proyectos eólicos que fueron admitidos por el Bipartito "non terán ningún problema" en reparto que abra la actual Xunta si son "serios e factibles". Así lo expuso ayer el conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, ante el pleno del Parlamento, augurando que caerán aquellos otros que no tenían contenido o, simplemente, sus promotores no tenían "intención de executalos". Este levantamiento de barrera iba dirigido a animar a los adjudicatarios a los que dejó con la miel en los labios, y aquellos otros vetados por el concurso del anterior gabinete.
Frente a esta voluntad de reutilizar iniciativas, el BNG esgrimía ayer un informe de la asesoría jurídica de la Xunta que desmontaba, "punto por punto", el recurso contra el decreto eólico presentado ante el Tribunal Superior de Xustiza de Galicia por Endesa. Carlos Aymerich, portavoz parlamentario de los nacionalistas, acusó al Gabinete de Feijóo de ocultarlo, y señaló que prueba que la justificación para anularlo era "mentira".
Guerra defendió su modelo eólico, que áreas de potencia-evacuación que permitirán que "o parque que se autorice hoxe poida estar en funcionamento mañá". Criticó la falta de previsión del Bipartito para contar con una red de evacuación energética apropiada. Avanzó que el próximo lunes directores de Red Eléctrica Española (REE) acudirán a Galicia para decidir "de forma real e ordenada" la capacidad de evacuación por áreas.
Críticas de la oposición
En cuanto a la ley, el conselleiro de Economía aseguró que el decreto anterior tenía una "nulidez absoluta e radical" y "tachas de ilegalidade". Aymerich le retó a constatar quién declaró dicha ilegalidad, y argumentó que la Xunta debería haber instado a una "revisión de oficio" en los tribunales nada más detectarla, por lo que contrario es una "prevaricación" y una "inxustiza e verdadeira arbitrariedade".
Mientras Guerra intentaba volver al consenso, tanto Aymericho como el portavoz socialista, Abel Losada, coincidían en alertar de que la nueva Xunta pretende "defender os intereses das grandes empresas" de fuera de Galicia, que son quienes explotan el 90% de la eólica. Losada criticó por ello la adjudicación de megavatios "a dedo" del período de Manuel Fraga.
. economia@elcorreogallego.es

Las posiciones
Javier Guerra Conselleiro de Economía e Industria
•• "Non hai razón para o nerviosismo", proclamó Guerra, pues cree que la reutilización de proyectos minimizará el impacto de las posibles indemnizaciones a abordar por la nueva Xunta, alegando que "na maioría dos casos non teremos que pagar". El canon eólico servirá para afrontar posibles compensaciones
Carlos Aymerich Portavoz del BNG
•• Aymerich volvió a mostrar la foto del abrazo del presidente de Iberdrola, Ignacio Sánchez Galán, a Alberto Núñez Feijóoen su toma de posesión en la Praza do Obradoiro, y le preguntó a Guerra si "quere que as empresas eléctricas estean no Consello da Xunta", y si pretende "deslocalizar o aproveitamento enerxético".
Abel Losada Portavoz del PSdeG
•• Criticó que la Xunta actual lleve a cabo una "política de voladura controlada da labor do Bipartito" para "poñerse ao servizo das empresas". Cito a Iberdrola y Gas Natural como "relativamente satisfeitas", y sobre la dueña de Fenosa, se mostró perplejo porque apoye el canon eólico .

Escribe tu comentario
Era visto
ROI 23.09.2009 17.44
Trátase, nada máis e nada menos, que o informe do letrado da Xunta mais xa había tempo que se percibiu que todo era unha xogada electoralista do PP

miércoles, 23 de septiembre de 2009

Os PPeólicos xogan á pita cega



Aymerich acusa a Industria de agochar un informe que avala a legalidade do decreto eólico

Santiago de Compostela, 22 Setembro 09.- O portavoz do g.p do BNG emprazou hoxe ao conselleiro de Industria, Javier Guerra, a que explique por que agochou o informe de 5 de Xuño deste ano que desmonta punto por punto a demanda interposta por Endesa ao reparto eólico realizado polo anterior goberno e que avala, por tanto, a legalidade do modelo deseñado polo BNG fronte aos informes de parte nos que Núñez Feijóo fundamenta a paralización do decreto.
“Que ten máis validez –dixo- o informe realizado por un letrado da Xunta en cumprimento co seu deber ou o informe de parte realizado por vostedes para dar cobertura xurídica a unha abitrariedade”.
Carlos Aymerich, durante a comparecencia en pleno do conselleiro, lembrou que este goberno non anulou o decreto senón que deixou o seu procedemento en suspenso amparándose en dous argumentos falsos: a tramitación dunha lei, “cando non é o goberno o que fai as leis”, e un informe de dubidosa rigurosidade, toda vez que foi redactado por un cargo político do PP.
Para o voceiro parlamentar nacionalista, o único obxectivo do actual goberno con esta forma de actuar, buscando dar cobertura legal a unha “resolución inxusta”, é favorecer a aquelas empresas como Fenosa ou Iberdrola que no momento do concurso non se comprometeron co País e agora queren a súa parte.
Neste sentido, Aymerich aludiu á foto no Obradoiro do “abrazo” de Núñez Feijóo co presidente de Iberdrola o día da investidura e recordou que o anterior goberno o que tentou, precisamente, é pór orde e transparencia onde había “concursos dixitais á xente que, ademais, está investigada pola fiscalía nalgúns casos”.
“O nacionalismo quixo facer un proceso transparente e sustentábel, que reducise ademais o impacto social en beneficio dos propietarios dos terrenos e que implicara o compromiso dos interesados co País a través de proxectos para o seu desenvolvemento, e o fixemos con todo o rigor”.
O portavoz do BNG lamentou que da intervención do conselleiro non se poida sacar nada en limpo e replicoulle que “é un desprezo para o goberno da Xunta que forme parte del”.
Asemade, acusouno de estar a realizar unha auténtica “prevaricación lexislativa” ao querer sustituir o decreto por unha Lei, “fanno para blindarse de posíbeis recursos, para evitar ser sometido ao informe do Consello Consultivo e para que a prevaricación que están cometendo extendela a toda á Cámara”.

viernes, 4 de septiembre de 2009

"A Ponte Romana",





acochada a escasos metros do estadio do Celta, na "Travesa de Ponte Romana", no rectángulo enmarcado entre as rúas Balaídos / Portanet e as de ValMiñor / Castrelos, (en VIGO).
_