miércoles, 19 de enero de 2011

Galiza Co-galego

 
O noso apoio e dos nosos é necesario.

Galiza co Galego está a traballar para que neste ano 2011 para poder pór en marcha a rede popular de escolas en galego, que dará comezo na súa etapa infantil. Galiza co Galego quere garantir o dereito das familias a que as súas crianzas poidan ser aprendidas en galego, facer efectivo o dereito “natural” da infancia á educación.
Para elo precisan alcanzar o maior número de apoios, de compromisos en prol dos dereitos a educación en galego. Precisan amigas e amigos ao menos 3000 apoios , agora xa pasan dos 2290, pero aínda faltan uns poucos para chegar ao obxectivo.
Urxe o noso apoio e dos nosos amigos/as, necesitan ter apoios suficientes, en Marzo darán comezo as pre-matriculacións para o curso 2011-1012, falta pouco tempo.
Precisan que nos apuntemos todas-os, e que espallemos a idea.
Non é algo que sexa irreal, nin pouco serio, nin unha ocorrencia, están a traballar cos sindicatos de ensino, coas Cooperativas de Ensino, coas asociacións Pedagóxicas e co Movemento de defensa da lingua.
Este ano 2011 queren que sexa o ano do ensino en galego.
Axudemos !!! defendamos o dereito á educación.
Miremos a súa proposta aberta de compromiso, e na súa web:http://www.facebook.com/l/f51140htHX6MUM1nmmiUtc8oroQ;limiargalego.blogspot.com/