viernes, 31 de octubre de 2008

kundera

¿MILAN KUNDERA COLABORACIONISTA?
__________________________________________

A prensa internacional está a facerse eco dunha información segundo a cal o afamado escritor e recoñecido resistente anti-comunista checo MILAN KUNDERA tería colaborado (polo menos unha vez,cando era un estudante adolescente) co servizo secreto do país, como se desprendería desta nota policial: "Hoxe(14 de marzo de 1950), sobre as 16 horas, un estudante, Milan Kundera, nado o 1ºde abril de 1929 en Brno (...) preséntase nesta comisaría para informar..."

"Nego de maneira rotunda estas acusacións, que son puras mentiras..."- declarou Milan Kundera en París, cidade na que vive desde os hai moitos anos.

Sexa cal sexa a resposta á pregunta do titular, o pasado, ás veces, cando volve sen nos pedir permiso, tórnase im/pertinente.


RIODERRADEIRO dijo...

Era precisamente neste punto, na Revolta do Vento, onde empezaba, para o meu avó, o extranxeiro. Aquela virtual liña divisoria esvaeceu: Hoxe é máis ben unha ponte, camiño de ir e vir a un mesmo...
22 de octubre de 2008 10:51
Anónimo dijo...

A Revolta do Vento... Se regreso á casa, sinto a ledicia de ter xa chegado a ela. Monte Louro comprace á miña brincadeira. Desde aquí, todo é meu: A bocana da ría, O Outeiriño, O Carreiro...,e a eló, ao fondo e á dereita, o Mar Maior da inmensidade. Non poden pedir máis a miña vista e o meu contento.

No hay comentarios: