sábado, 27 de diciembre de 2008

A salchicha máis grande.



Unha salchicha de 392 metros de longo e 150 quilos de peso (novo récor mundial), foi condimentada e cociñada por iniciativa da alcaldía de Bucarest. Esta salchicha supera en 200 metros á polonesa, recoñecida deica o de agora coma a maior do planeta.

Pero isto non ha quedar así. Non, de ningunha maneira. Xa hai quen anda a matinar noutra aínda máis grande. As ansias de superación, no mundo de hoxe, sonche, polo visto, moi positivas.
_________________________

lunes, 22 de diciembre de 2008

APO/LO DON im/PERFECTO.



"Que Xornal de Galicia é un periódico que naceu para facer de Anxo Quintana o rapaz da película estaba fóra de dúbida dende o primeiro instante que chegou aos quioscos a publicación que financia Xacinto Rei, o aspirante a protexido de Eolo. Pero tanto, tanto que resulta tantísimo?"....................."Porén, o máis chamativo resultoume o pé de foto que lle poñen á segunda foto que acompaña a noticia quintanista que vai na páxina 7: "Anxo Quintana, nun centro de Alzhéimer". - Perfecto Conde dixit en CROQUES.

É posible/probable (?) que a Xunta sofra do mal de Alzhémer. Os conxuntos, desde logo, son resultantes do 1+1+1-1........, ata acadar a suma, unha sorte de paquete grupal onde todos eses uns foron acollidos para unha determinada razón e por un determinado determinado fin. Ás veces, os enfermos asócianse para mellor reivindicarse e/ou defenderse. Non poñería á Xunta nese mesmo apartado. Un respeto para a Xunta, e aínda, se cabe, maior respeto para eses enfermos aludidos metaforicamente.

Esta enfirmidade - a do Alzéimer- toca, cáelle a un enriba coma unha lousa, pero non se a/colle voluntariamente, pola man. En fin, que non depende de nós iso de padecelo ou non padecelo. Brincadeiras – repito – fóra.

Ao DON im/PERFECTO (por simplificar), ¿que lle de pasa? Desde a véspora…, desde o primeiro día, semella algo molesto cun xornal que só vén de nacer. Ao mellor/peor fala por unha ferida.

Deus me libre, eu non quixer pensar...

viernes, 19 de diciembre de 2008

"Vasana" à la belle étoile.




O PAQUETE de Bâle vale.



Depositada, coma O PAQUETE que - se cadra - alguén ha recoller, á pequena VASANA (dez días de vida, tres quilos de naturaleza humana...) deixárona abandoada á súa propia sorte, o mércores pasado, nun tren alemán ICE que fai servizo entre as fronteiras Suíza e a Alemana, onde foi localizada e recollida por persoal da alfándega de Bâle.

A humanidade - que conformamos todos sen excepción - perdemos o sentido do deber, da responsabilidade, e aínda outros sentidos ligados a canto significa sensiblidade. amor e respeto pola vida allea. Polo visto a meniña caeu, con bo pé, nas mans da aduana de Bâle.

Así pois, nunca mellor dito:O PAQUETE de Bâle vale.

_________________________________

jueves, 18 de diciembre de 2008

miércoles, 17 de diciembre de 2008

NIN PARA ROUPA





Xa non se puede vivir do aire ni do puro amor á beleza. Estas modelos artísticas, no París de Francia, loitan, contra o frío invernal, por unha paguiña de "rien du tout" por amosarlle á pintura os seus encantos con moito "sentimento".

NIN GAÑAN PARA ROUPA. Como se ve, nin para darlle alpiste ao canario. Demasiada inxustiza no mundo.
____________________

martes, 16 de diciembre de 2008

BALEIRO A PÉ DE OBRA.



CHAPUZA: ELIMINACIÓN INCOMPLETA (igrexa de BOUZAS-VIGO).
__________________________________

sábado, 13 de diciembre de 2008

Gaiteiros de Galicia / Galician bagpipers

YouTube - Gaiteiros de Galicia / Galician bagpipers

________________________

"Has de cantar,
que che hei de dar zonchos,
has de cantar,
que che hei de dar moitos…

nas portas dos ricos,
nas portas dos pobres,
que aquestes cantares
a todos responden."

(CANTARES GALLEGOS, Rosalía de Castro)
____________________________________________

jueves, 11 de diciembre de 2008

de DEREITOS humanos e inhumanos


Pareceme de interés recoller e trazer a este espazo, que RIODERRADEIRO me empresta, a opinión, cualificada e lúcida, de Xosé Luis Barreiro Rivas publicada hoxe nas paxinas de "La Voz de Galicia".

X.L.Barreiro Rivas dispón no mencionado xornal dun espazo: 'a torre vixía', que aparece regularmente varias veces por semana.


Ainda discrepando en ocasións, e estando nos planos político, ideolóxico, e mesmo relixioso, ben distante de él, é invevitabel non coincidir moi frecuentemente cos seus pontos de vista, particularmente cando trata temas de ámbito internacional, e algo menos nos domésticos.

Por outra parte, na miña humilde opinión, case sempre da mostras nos seus escritos de un rigor intelectual e brillantez estimables.

Falando sobre os 60 anos da "Declaración Universal dos Dereitos Humanos", Xosé Luis Barreiro Rivas


DICENOS:

"..., nos recuerde el secuestro permanente que se hace de esos derechos, y nos obligue a reflexionar sobre la extraña deriva que están tomando las libertades en las dos últimas décadas.
Mientras la sociedad civil progresa adecuadamente en el reconocimiento de la igualdad y los derechos humanos, y en la sensibilidad para detectar todos los ataques directos e indirectos que contra ellos se producen, los Estados y las organizaciones internacionales están creando un duro caparazón que, bajo el amable aspecto de la protección del orden mundial y la lucha contra el terror, les permite hacer mangas y capirotes no solo con los derechos proclamados, sino también con los derechos y costumbres que nadie se atrevió a cuestionar, al menos teóricamente, desde la Revolución francesa.
Los países más avanzados establecen leyes de defensa de la democracia que son contrarias a los derechos humanos. La pena de muerte se aplica con profusión, incluso en países democráticos, sin que los organismos internacionales, la Iglesia y los líderes estatales se mojen contra ella. El centro de Guantánamo demuestra a quien quiera verlo que la violencia y el fascismo de Estado siguen vigentes en la gran nación americana y en sus principales aliados de la Unión Europea. Las persecuciones discriminatorias del Tribunal Internacional de La Haya -que solo juzga a los derrotados y a los que no pertenecen a la OTAN- y los palos de ciego que da la Justicia ordinaria -que persigue a los dictadores derrocados pero no los abusos criminales que se hacen sobre Chechenia, Afganistán, Kosovo, Irak, Afganistán, la mayor parte de África y otros países- demuestran que la Justicia institucional sigue estando al servicio de los poderes dominantes. Y las ceremonias que se les hacen a las dictaduras como China, en nombre de la pura economía, demuestran a su vez que los derechos humanos distan mucho de ser la primera preocupación en el gobierno del mundo.
Si a esto añadimos el hambre, la dictadura, la falta de agua, la destrucción del planeta, el expolio material e intelectual del Tercer Mundo, la pésima distribución de la salud y la vivienda y el creciente recurso a las guerras como arma de política económica, veremos que las mayores amenazas a los derechos humanos vienen hoy de los Estados más poderosos, que gestionan el mundo, más que nunca, aplicando la ley del embudo. "

viernes, 5 de diciembre de 2008

un bo PAQUETE.

XOIERÍA "harry winston" de PARÍS:




Coma hai un ano por esta data, os amigos do alleo adiantáronse ao AGUINALDO DE NADAl, pero de que maneira, por valor duns 80 millóns de euros, e un trato (durante o roubo do HARRY WINSTON de París) personalizado, exquisito, falándolle a cada quen polo seu nome e apelidos, seguindo a xerarquía e o protocolo ata o final da expropiación forzos. Unha maravilla de execución con disfraz feminino...

jueves, 27 de noviembre de 2008

SOBRE A SUPERVIVENCIA DAS FADAS.


____________________________

Blogger RIODERRADEIRO dixo en O BERCE DAS FADAS:

Permitídeme que dubide da existencia actual das fadas. Para min que a crise está a dar ao traste con elas.
Sen embargo, o meu veciño Xeneroso dime que a do Pico Sacro aínda se resiste.

Espero esa vosa opinión no faro de Fistarra.

Saúde e saúdos.

_________________________________

miércoles, 26 de noviembre de 2008

Após o DON im/PERFECTO (2)


____________________________

Ven de CROQUES:
__________________________

Por aquí, por alí, por acolá...

Sácase á luz unha carta de queixa particular contra a Consellería de Quintana - que non é quen de resolver o problema das desigualdades sociais, fronte a enfirmidade e a pobreza - para logo extrapolala e, de seguida, aconsellarlle a demisión. Unha boa ocurrencia á hora do café e copa.

Os tópicos xermolan en máis tópicos mesmo cando se lle im/pón á mala uva música de protesta.

A un home viaxado coma o articulista (e ao desta Voz mentada, que non lle quero ler o seu fraco argumento) o rigor non lle/s sobra.

Postos a solventar as degrazas do mundo, o mellor sería - segundo os dous - deixalo todo igual; porque o poder acáelles mellor aos de sempre. Eles - que van oa propio - nunca nos decepcionan.

E con estas e coas outras, a frauta e o tambor...

Saúde e saúdos.

_____________________________

viernes, 21 de noviembre de 2008

De "El Portal de Belén".

Comentando la/s crónica/s - sin demasiada sustancia - del viaje de Belén a Venezuela.
__________________

RIODERRADEIRO:

En este contexto, de momento - al parecer y por lo visto -, sólo caben los comentarios genéricos y cortos. La verdad, por mi parte, sobre Venezuela no recibo más “luz” que la que ya tenía.

Como diario o cronista social, un bien o un notable quizás. Como lo otro (lo mío)…, ahora mismo, no me sale la nota.

¡Qué difícil es contentar en todo y a todos! Digamos que imposible.

miércoles, 19 de noviembre de 2008

lunes, 17 de noviembre de 2008

PÓR O OVO NA REDE.

Cando toca entrar no santuario de calquera das artes, cómpre librar os pés do peso do calzado, retirar o sombreiro, recollerse un en si mesmo e deixarse levar pola harmonía que penetra os sentidos.

As artes, todas, falan na linguaxe divina.

_________________________


Non che é doado para min preguntarme quen son nin que eu fago aquí de arribada á beira do gran río da vida.

As preguntas de fondo son aceiro que, de cote, degolan o celme desta miña alma…

jueves, 13 de noviembre de 2008

"Súa" con O PAQUETE.


______________________________________________

ANOITECIDA: MONTE LOURO.

_________________________________________________________________________________________

Após o DON im/PERFECTO.

_________________________________




________________________

Anónimo "un que sabe algo"... dixo en CROQUES:

"A min iso de "neocolonialismo" e "mimetizar" sóame a prosa florida de Paco Rodríguez. El será que agora, semixubilado, tamén se dedica aos blogs?

____________________________________

O blogger RIODERRADEIRO apostilloulle isto alí e acarrexouno para aquí:

"Un que sabe algo", nesta ocasión, poderíaseche dicir - en honor á verdade e sen lle faltar ao respeto a ninguén - que, sobre este punto, semella non saberes nada.

Sócrates, coma é ben coñecido , presumíache moito da súa ignorancia. Así que non te deixo mal parado.

_____________________________________________

miércoles, 12 de noviembre de 2008

Após o DON im/PERFECTO (1).

A política informativa de EL PAÍS administra - seguindo o ronsel dos inteses - a súa "progresía"...

Probablemente, a sona benefactora de EL PAÍS non dá para tanta gabanza. Érgueslle un altar a algo ou a alguén e quédache co santo e mais coa esmola. E tal parece - segundo certos afectados - ser o caso pola América Latina.

Para disimular, o neocolonialismo mimetiza os seus intereses e pinta de moi bonito as conciencias.

_______________________________________


Blogger RIODERRADEIRO dixo:


Após o DON im/PERFECTO (1).
________________________

Non che é ouro todo canto reloce. Os "Prisa" tampouco se libran de xogaren coas cartas marcadas.


_________________________________________

lunes, 10 de noviembre de 2008

OSTRESALTINHOS.

Roubado a un desleal amigo:


Morreu Miriam Makeba. Triste, moi triste.
Gracias eternas para quem me meteu a alegría no corpo.
Desgracias, para quem me impedíu tirala.

http://es.youtube.com/watch?v=kCc61z9IFu4
________________________________________________________

domingo, 9 de noviembre de 2008

_NANOBERNARDO CONTEMPLATIVO.

__
______________________________________

Todo hai que dicilo, o estupendo bolg do Nano Bernardo vén sendo aquel espello de lei a onde o místico acode (nos seus momentos libres) para se contemplar con rigor e logo flaxelarse.

Grande apreta ao amigo enclaustrado no seu "miroir".

_____________________________________

viernes, 7 de noviembre de 2008

ESCULTURA/S DE LA MIRADA.

___________________________
ESCULTURA/S DE LA MIRADA.

_______________________________

Una ir/reflexión sobre el perfil escultórico de la mirada.


En el principio de toda arte humana está - a mi modo de ver - la mirada, pero también

lo está en el/los medio/s, y en el/los fin/es. La mirada trabaja siempre para


obsequiase a sí misma.


La profundidad de la mirada da mejor vida y ennoblece el objeto. En cuanto a lo

íntimo,la escultura del ego - del "yo", del alma - nos la dibuja y re/diseña, con la

mirada ausente, cada día el en/sueño.


_____________________________________________________________

viernes, 31 de octubre de 2008

kundera

¿MILAN KUNDERA COLABORACIONISTA?
__________________________________________

A prensa internacional está a facerse eco dunha información segundo a cal o afamado escritor e recoñecido resistente anti-comunista checo MILAN KUNDERA tería colaborado (polo menos unha vez,cando era un estudante adolescente) co servizo secreto do país, como se desprendería desta nota policial: "Hoxe(14 de marzo de 1950), sobre as 16 horas, un estudante, Milan Kundera, nado o 1ºde abril de 1929 en Brno (...) preséntase nesta comisaría para informar..."

"Nego de maneira rotunda estas acusacións, que son puras mentiras..."- declarou Milan Kundera en París, cidade na que vive desde os hai moitos anos.

Sexa cal sexa a resposta á pregunta do titular, o pasado, ás veces, cando volve sen nos pedir permiso, tórnase im/pertinente.


RIODERRADEIRO dijo...

Era precisamente neste punto, na Revolta do Vento, onde empezaba, para o meu avó, o extranxeiro. Aquela virtual liña divisoria esvaeceu: Hoxe é máis ben unha ponte, camiño de ir e vir a un mesmo...
22 de octubre de 2008 10:51
Anónimo dijo...

A Revolta do Vento... Se regreso á casa, sinto a ledicia de ter xa chegado a ela. Monte Louro comprace á miña brincadeira. Desde aquí, todo é meu: A bocana da ría, O Outeiriño, O Carreiro...,e a eló, ao fondo e á dereita, o Mar Maior da inmensidade. Non poden pedir máis a miña vista e o meu contento.

domingo, 26 de octubre de 2008

DÚBIDA

Permita, Don im/Perfecto

-No quixer comprometelo-,

Non sei se o santo dos CROQUES

Atende ou non en galego,

Pois pedín novos deseños:

Partituras de estrambote

E unha gaitiña que toque

Sen vacilar, no concerto.

अ DÚBIDA

Leo no blog dos CROQUES unha reseña: "L´età del dubbio" de Andrea Camilleri, a quen un non coñece de vista nin de oído.

Señor im/Perfecto, "a idade da dúbida"...

¡Quen dubidar, retórico - en seco -, de maneira tan grata!

Me voilà! A dúbida no meu Río é permanente.

sábado, 25 de octubre de 2008

XABARÍS

Vai de xabarís.

En poucos días, leo e/ou vexo dúas noticias chuscas: Na primeira, un xabarín adulto corre con bastante soltura a lles facer competencia pola estrada aos automobilistas. E as cámaras - coma nas series policiais americanas - a perseguer á criatura. Hoxe sei por moi boa tinta que na autovía do Barbanza, á altura do polígono da Tomada - onte foi botellón - tres xarís, sen lle pedir permiso ao San Martiño, acudiron á súa cita coa morte.

Xa o di o refrán: Tíñana alí... Ninguén pode escapar ao seu fado.

viernes, 24 de octubre de 2008

PAQUETE

Paquete: 1 s.m. Cousa ou conxunto de cousas envoltas xuntas e que forman un conxunto de dimensións non moi grandes.