jueves, 29 de enero de 2009

polas Illas Cíes




"Ós que lles poda parecer raro que votase polas Illas Cíes estando as Catedrais entre os finalistas, a explicación é ben sinxela: a GRAN!!!!!! afluencia turística que teñen as Catedrais xunto ca "tan profesional xestión turística" deste recurso que se está realizando sobre todo desde o concello de Ribadeo está acabando con este monumento natural (coa súa xeoloxía, coa fauna e a flora e co entorno a base de botar cemento). Se este Monumento Natural sale finalista (de momento está terceiro) e se se lle dá publicidade a tal situación, a afluencia turística muuuuuuuuuuuuuiiiiiiiii probablemente se incremente bastante, co consecuente incremento da obsesión tanto de turistas pouco concienciados coa fraxilidade do recurso como dos gran xestores do turismo que teñen en Ribadeo que pensan que mellorar os accesos e incrementar as áreas de aparcamento é progreso.

E digo todo esto porque:

1. Vivo á 6 Kilómetros e coñezo o caso.
2. Traballei no sector do turismo na zona e sei de primeira man o gran atractivo que ten este recurso.
3. Estudiei o caso da Planificación Turística en Ribadeo en torno a este recurso (fixen varios proxectos académicos e estiven na zona comprobando de primeira man a evolución deste recurso a consecuencia da afluencia turística). Constato que a Capacidade de Carga desta praia supérase con creces.

O meu voto foi para as Illas Cíes, porque a parte de parecerme un auténtico paraíso, a afluencia turística que quizais poida acarrear o feito de quedar primeira neste concurso non é un problema, pois teño entendido que se controla o número de ferrys que chegan a estas illas e ademáis só hai acceso a elas durante o verán e os últimos meses da primaveira. Se non é así (que alguien me rectifique, por favor).

Despois de soltarvos este rollo, espero que ante todo a xente se conciencie de que debe primar a conservación dos recursos turísticos por encima do beneficio económico, e que non é imposible combinar a súa conservación coa obtención de ingresos económicos, só hai que saber facelo, non obsesionarse co "money money" e contratar a turismólogos, que para algo se formaron na materia. O que pasa é á xente parécelle que calquera pode ser xestor turístico, e non é por xulgar a ninguén, pero non é así!!!!

Perdón polo rollo pero de vez en cando vén ben".

No hay comentarios: