lunes, 22 de diciembre de 2008

APO/LO DON im/PERFECTO.



"Que Xornal de Galicia é un periódico que naceu para facer de Anxo Quintana o rapaz da película estaba fóra de dúbida dende o primeiro instante que chegou aos quioscos a publicación que financia Xacinto Rei, o aspirante a protexido de Eolo. Pero tanto, tanto que resulta tantísimo?"....................."Porén, o máis chamativo resultoume o pé de foto que lle poñen á segunda foto que acompaña a noticia quintanista que vai na páxina 7: "Anxo Quintana, nun centro de Alzhéimer". - Perfecto Conde dixit en CROQUES.

É posible/probable (?) que a Xunta sofra do mal de Alzhémer. Os conxuntos, desde logo, son resultantes do 1+1+1-1........, ata acadar a suma, unha sorte de paquete grupal onde todos eses uns foron acollidos para unha determinada razón e por un determinado determinado fin. Ás veces, os enfermos asócianse para mellor reivindicarse e/ou defenderse. Non poñería á Xunta nese mesmo apartado. Un respeto para a Xunta, e aínda, se cabe, maior respeto para eses enfermos aludidos metaforicamente.

Esta enfirmidade - a do Alzéimer- toca, cáelle a un enriba coma unha lousa, pero non se a/colle voluntariamente, pola man. En fin, que non depende de nós iso de padecelo ou non padecelo. Brincadeiras – repito – fóra.

Ao DON im/PERFECTO (por simplificar), ¿que lle de pasa? Desde a véspora…, desde o primeiro día, semella algo molesto cun xornal que só vén de nacer. Ao mellor/peor fala por unha ferida.

Deus me libre, eu non quixer pensar...

No hay comentarios: