sábado, 27 de diciembre de 2008

A salchicha máis grande.



Unha salchicha de 392 metros de longo e 150 quilos de peso (novo récor mundial), foi condimentada e cociñada por iniciativa da alcaldía de Bucarest. Esta salchicha supera en 200 metros á polonesa, recoñecida deica o de agora coma a maior do planeta.

Pero isto non ha quedar así. Non, de ningunha maneira. Xa hai quen anda a matinar noutra aínda máis grande. As ansias de superación, no mundo de hoxe, sonche, polo visto, moi positivas.
_________________________

No hay comentarios: